A FLORINDA

Español

Benvidas e benvidos a Florinda, unha casa con máis de 200 anos de historia que hai 16 anos se converteu en casa de Turismo Rural. A Florinda, a nosa casa, dispón de cinco cuartos que se alugan de forma individual, aínda que en ocasións especiais tamén se aluga completa.



Florinda é o nome que lle puxemos a esta magnífica casa cando a abrimos como casa de turismo rural, na honra da súa última propietaria, a señora Florinda. Nós, Lidia e Pedro, econtramos esta casa por casualidade, nun día de paseo pola comarca de Terra de Montes. Ao chegarmos a Pedre encantáronnos a súa Eira grande chea de canastros, o seu camiño entre fragas até o río Lérez e as súas casas de pedra, magníficamente construídas. Porén, do que realmente ficamos fascinados foi dunha espléndida casa de pedra en ruínas; tal foi a fascinación que pouco tempo despois a compramos, rehabilitámola por completo e decidimos convertela en A Florinda, a casa de turismo rural que tedes perante vós e da que levamos 16 anos desfruntando. 

Cando alguén visita A Florinda
a nosa intención é que se senta como na súa casa e que desfrute do ambiente familiar que aquí se respira. Encántanos compartir a nosa casa cos nosos hóspedes, que gocen dela e a compartan con nós nun acolledor e distendido ambiente.





Pero ademáis de A Florinda tamén queremos que gocedes de Pedre, a nosa pequena aldea no corazón da comarca de Terra de Montes, un lugar a medio camiño entre as mellores praias das Rías Baixas e dun lugar máxico como Santiago de Compostela.   

A Terra de Montes é un lugar para desfrutar da tranquilidade e o sosego que ofrecen as súas fragas de carballos e castiñeiros centenarios, do sonido das augas das ducias de ríos que a surcan co Lérez e o Umia á cabeza. E como noutros lugares de Galicia, en Pedre podedes viaxar ao pasado ao percorrer os antigos sendeiros que utilizaban as xentes desta comarca e que levan a Vichocuntín, ao Serrapio ou a Caroi; dos contos e lendas que circulan aredor do Monte do Seixo; ou de aldeas perdidas como a aldea vella de Vichountín. 

En fin, o que realmente queremos é que desfrutedes dun turismo na natureza de calidade, accesible e respectuoso co noso ambiente. 




En canto a Florinda, disporedes dunha casa particuarmente espciosa, con 400m2 de superficie últil, e unha planta realmente orixinal que se divide en nada menos que catro andares. O interior componse de un comedor -que tamén se pode utilizar como sala de reunións-, dous salóns, un recibidor, unha cociña, unha sala de estar e os cinco cuartos cos seus respectivos baños. No exterior podedes gozar do xardín, o canastro e a piscina.
 

En relación cos cuartos, na Florinda ofrecémosvos cinco cuartos con baño: 

- Bubela: cama para dous e un estupendo baño para se relaxar. 
Rula: dúas camas e unhas magníficas vistas ao Val do Lérez.
- Lavandeira: cama para dous e balcón privado.
- Pomba: cama para dous no cuarto máis enxebre da Florinda.
- Carriza: dúas camas nun acolledor cuarto.

 Os prezos varían en función da temporada. Para o ano 2016 os períodos son:


Temporada Alta: 60 e 65 euros (lavandeira)


- Semana Santa: do 18 ao 3 de Abril.
- Verán: do 1 de Xullo ao 4 de Setembro (estancia mínima 2 noites).
- Nadal e Fin de Ano: do 22 de Decembro de 2016 ao 7 de Xaneiro de 2017.


Temporada Baixa: 50 e 55 euros (lavandeira)

- O resto do ano. 

En fin, apenas fica convidarvos á nosa casa, A Florinda, e que desfrutedes dunha estupenda estancia.

Esperámosvos en Pedre, saúdos.

Lidia e Pedro. 


(+34) 986 753 180 - (+34) 687 742 323

florindarural@gmail.com